Nadal 2016

O equipo de biblioteca desexavos que teñades unhas boas festas.

  • BO NADAL E FELIZ 2017!
Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Nadal 2016

Gañadores do concurso de postais

Grazas a todos pola vosa participación no concurso de postais.

Os gañadores do concurso son: Zoe  de 1°A, Nerea de 1° B e Iker de 3°. Os dous accésit son para Silvia e Alba de 1°A.

Publicado en CONCURSOS, NADAL, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Gañadores do concurso de postais

Gañadoras do Certame Literario de terror

Xa temos gañadoras do certame literario de terror organizado polo Departamento de Lingua Castelá.
Aquí tedes os seus nomes:
Zoe Jang de 1º e Sara de 3°.

Cecilia de 3° acadou un accesit.
Grazas a todos/as pola vosa participación.

Sigue lendo

Publicado en CONCURSOS, SAMAÍN, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Gañadoras do Certame Literario de terror

Benvida ao novo curso 2016-2017

Benvidos ao novo curso 2016-2017!! A biblioteca permanecerá aberta en todos os recreos da semana.null

Publicado en APERTURA | Comentarios desactivados en Benvida ao novo curso 2016-2017

Fin de Curso 2016

O mércores 22 de xuño, último día de clase, a primeiras horas da mañá, preparouse no Instituto a gravación dun lipdub. Máis tarde, démoslle remate final a este curso académico cun Festival no Centro Cívico de Malpica, cunha especial despedida ao alumnado de 4º ESO que deixa o centro.

Coreografías, teatro, humor, …, flores, agradecementos, risas, apertas, algunha que outra bágoa; pero sobre todo:

Alegría ante as vacacións que comezan e

Ilusión polas novas experiencias que esperan no camiño!

FELICES VACACIÓNS !!!!

 

Publicado en ACTIVIDADES CULTURAIS, FIN DE CURSO | Comentarios desactivados en Fin de Curso 2016

31 de maio: “Roteiro de Pelusa”

Roteiro de Pelusa

Vídeo-Presentación da saída

O 31 de maio, o alumnado de 1º ESO, dirixido por profesorado de LL. Galega, C.Naturais e D.Orientación, camiñaron ata a capela de San Adrián, seguindo as “Aventuras de Pelusa” do malpicán Xelucho Abella.

Publicado en ACTIVIDADES CIENTÍFICAS, ACTIVIDADES CULTURAIS, ANIMACIÓN Á LECTURA | Comentarios desactivados en 31 de maio: “Roteiro de Pelusa”

Club de lectura

Neste curso 2016 son catro as rapazas que están a disfrutar das actividades do noso club Lereileraslerá.
Ademáis de disfrutar de lecturas como Diverxente, crearon unha páxina web na que recomendan libros, películas…
http://lereileraslera.jimdo.com/
Entra e disfrutaa.

Publicado en ANIMACIÓN Á LECTURA, CLUBE DE LECTURA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Club de lectura

LETRAS GALEGAS 2016

A persoa homenaxeada nesta ocasión é o escritor que da nome á nosa biblioteca:

LETRAS Biblio compri2016 Enlaces de interese que nos van chegando ou seleccionados por nós para ir preparando esta festividade: “Todo me fala de ti” .FalaRedes 2016   Casa-Museo Manuel María

http://arredordemanuelmaria.blogspot.com.es/    http://coordinadoraendl.org/letras2016/

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas

 App Falamos de Letras 2016. Manuel María – pode instalarse desde aquí

Desde o noso centro, contribuiremos con diversas actividades:

cartel comprimido

IMG_20160519_150955

Resultaron gañadores:

Alba Villanueva – 1º  e  Óscar Gómez – 3º A

PARABÉNS!!

Nos días previos, montamos unha Exposición Central con paneis informativos en torno á vida e obra de Manuel María. A partir dela, o alumnado realizou distintos traballos para coñecelas mellor, dirixidos polos respectivos profesores e profesoras de L.L. Galegas.

Letras Galegas 2016 (Mari)Radio Seaia, emitiu en torno á semana das Letras versións musicadas dos poemas de Manuel María e algunha grabación feita ao efecto.

Exposición temática na Biblioteca. Con exemplares escritos da súa obra, Cd con versións musicadas dos seus poemas, Fotografías da súa visita ao noso centro e elaboración dun mural de recordo permanente deste evento.

Nueva carpeta_7Xoves 19 de maio. Charla de Xan Fraga.  Amigo persoal de Manuel María e profesor do instituto cando este nos visitou a propósito do “bautizo” da nosa biblioteca co seu nome.

Nueva carpeta1Luns 23 de maio. Saída a Outeiro de Rei e arredores. Durante todo o día, o alumnado visitou a Casa Museo de Manuel María, o Cemiterio, a Carballeira de Santa Isabel, as Penas de Rodas e o Castro de Viladonga. Ofrenda floral, recitado de poemas, música e actividades na natureza foron algunha das cousas coas que rendemos un sinxelo homenaxe ao escritor e á Terra Cha que o viu nacer e inspirou boa parte da súa obra.       

            tríptico Ex. Outeirotríptico Ex. Outeiro 2

TRIPTICO INFORMATIVO Excursión a  Outeiro de Rei e arredores

IMG-20160523-WA0014 - comprimidacopiaCantando todos o himno galego, ante a tumba de Manuel María

A Santa Isabel, xunto ao río Miño

Publicado en ACTIVIDADES CIENTÍFICAS, ACTIVIDADES CULTURAIS, ANIMACIÓN Á LECTURA, CHARLAS, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS, DIA DAS LETRAS GALEGAS | Comentarios desactivados en LETRAS GALEGAS 2016

Certame Literario “LETRAS GALEGAS 2016”

cartel comprimido

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Publicado en ACTIVIDADES CULTURAIS, ANIMACIÓN Á LECTURA, CONCURSOS, DIA DAS LETRAS GALEGAS | Comentarios desactivados en Certame Literario “LETRAS GALEGAS 2016”

Certame literario Día do libro 2016

Como sabedes, este ano cúmprense 400 anos da morte de Cervantes.
Para conmemorar este feito, o Departamento de Lingua Castelá en colaboración coa biblioteca, convocan un certame literario coas seguintes bases:

CERTAME LITERARIO IES URBANO LUGRÍS

PARABÉNS AOS GAÑADORES!!!

Yaiza Gómez Tasende de 1º A: “EL RARO QUIJOTE”
Nicolás Pose López de 4º B: “DONDE NACEN LAS IDEAS”

Publicado en ACTIVIDADES CULTURAIS, CONCURSOS, DÍA DO LIBRO | Comentarios desactivados en Certame literario Día do libro 2016