Arquivos mensuais: Marzo 2013

27 de Marzo de 2013: Día mundial do Teatro.

Neste día, queremos felicitar ao alumnado do noso centro integrante dos grupos de teatro. Dende que comezaron a súa andaina, participaron xa en numerosos eventos organizados dende o centro e noutros da propia localidade e fóra dela.     Este … Sigue lendo

Publicado en DÍA DO TEATRO | Comentarios desactivados en 27 de Marzo de 2013: Día mundial do Teatro.

Obradoiro de Regueifas

O venres 22 de Marzo, nas últimas sesións antes de irmos de vacacións, fíxose na Biblioteca o Obradoiro de Regueifas para o alumnado de 3º da ESO. Coma noutras ocasións, impartírono Pinto de Herbón e Lois “O Caruncho”.

Publicado en DE REGUEIFAS, OBRADOIROS | Comentarios desactivados en Obradoiro de Regueifas

21 de Marzo. Día Mundial da Poesía

Coincidindo coa chegada da primavera, este ano, o 21 de Marzo, adicado tamén ás persoas con Síndrome de Down, celebramos o Día da Poesía, No seguinte vídeo, a poeta galega Eva Veiga, integrante do grupo Ouriol, fálanos do que para … Sigue lendo

Publicado en DÍA DA POESÍA | Comentarios desactivados en 21 de Marzo. Día Mundial da Poesía

Club de lectura: “Lereileraslerá” 2013

Por fin retoma a súa andaina o Club de lectura do instituto !! A primeira reunión tivo lugar este 18 de marzo ao mediodía e nela participamos un pequeno grupo de alumnos e alumnas de 1ºESO. O libro escollido nesta … Sigue lendo

Publicado en CLUBE DE LECTURA | Comentarios desactivados en Club de lectura: “Lereileraslerá” 2013

“Semana da Prensa na Escola”

Entre o 18 e o 24 de Marzo, establécese a “semana da prensa na escola”. No seguinte enlace, podedes atopar diversos recursos para traballar: a elaboración de xornais, tipos de noticias, xéneros xornalísticos, etc https://sites.google.com/site/recursoseducativostematicos/

Publicado en CONMEMORACIÓNS, Sen clasificar | Etiquetado | Comentarios desactivados en “Semana da Prensa na Escola”

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

Un exemplo do papel degradante que manteñen algúns homes ante as mulleres: “A Muller da Miña Vida”.   O alumnado do centro foi invitado a reflexionar e valorar o papel da muller na sociedade, a través dunhas fichas de traballo que … Sigue lendo

Publicado en CONMEMORACIÓNS | Comentarios desactivados en 8 de Marzo, Día Internacional da Muller