Arquivos mensuais: Marzo 2012

Obradoiro de regueifas

O mércores 28 de Marzo, tivemos na biblioteca un obradoiro de Regueifas. Foi impartido por LOIS “O CARUNCHO” e PINTO D’HERBÓN, para o alumnado de 3º de ESO. MOI DIVERTIDO!! Pincha no enlace se queres ver unha das actuacións públicas destes … Sigue lendo

Publicado en DE REGUEIFAS, OBRADOIROS | Etiquetado | Comentarios desactivados en Obradoiro de regueifas

Obradoiro de banda deseñada

Hoxe tivemos na bilbioteca a oportunidade de desfrutar dun estupendo obradoiro de banda deseñada. Impartiuno Abraham Carreira ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

Publicado en DE BANDA DESEÑADA, OBRADOIROS | Etiquetado | Comentarios desactivados en Obradoiro de banda deseñada

27 de Marzo, Día mundial do teatro

Dende 1961, o 27 de Marzo celébrase o “Día Mundial do Teatro”. O alumnado de 1º e 2º de ESO do noso Instituto preparou neste día e previos, un panel informativo sobre o teatro: Concepto, Orixe, Características en distintos lugares … Sigue lendo

Publicado en CONMEMORACIÓNS | Etiquetado | Comentarios desactivados en 27 de Marzo, Día mundial do teatro

VI OLIMPIADA DO SABER

Volve de novo a “OLIMPIADA DO SABER”.           Nota 1: Por cuestións organizativas, cambiáronse estas datas. A fase de concurso será entre o 7 e 11 de Maio, seguindo a mesma orde prevista para as actividades. Nota 2. A 7 de … Sigue lendo

Publicado en CONCURSOS, OLIMPIADA DO SABER | Etiquetado | Comentarios desactivados en VI OLIMPIADA DO SABER

21 de Marzo: Día Mundial da POESÍA e das persoas con Síndrome de Down.

O 21 de Marzo, dende o ano 1999, celébrase a nivel internacional o “Día da Poesía“. Na nosa biblioteca, expúxose unha escolma de obras poéticas adaptadas ás idades do noso alumnado e outras de interese para o profesorado en xeral. … Sigue lendo

Publicado en CONMEMORACIÓNS | Etiquetado | Comentarios desactivados en 21 de Marzo: Día Mundial da POESÍA e das persoas con Síndrome de Down.

8 de Marzo: Día da “Muller Traballadora”

Para conmemorar esta data, entre outras cousas, o alumnado de 3º da ESO recolleu citas de persoas célebres relacionadas co papel da muller na sociedade. As citas, feitas en cartolinas de cores decoradas, expuxéronse nun taboleiro. O 19 de Marzo,  … Sigue lendo

Publicado en CONMEMORACIÓNS | Etiquetado | Comentarios desactivados en 8 de Marzo: Día da “Muller Traballadora”

Obradoiro de “Hip Hop”

O mércores 29 de Febreiro tivemos na Biblioteca un obradoiro de hip-hop co alumnado de 4º ESO. Levouno a cabo Serxio García (“García”), membro do grupo galego de hip- hop “Dios ke te crew”.

Publicado en DE HIP HOP, OBRADOIROS | Etiquetado | Comentarios desactivados en Obradoiro de “Hip Hop”

Sempre Rosalía! O 24 de febreiro lembramos o 175 aniversario do nacemento da nosa gran poeta Rosalía de Castro cunha exposición das obras que temos na biblioteca relacionadas con ela. Así, Cantares Galegos, Follas Novas, Rosalía e os nenos, Diálogos … Sigue lendo

Publicado o por bibliotecamanuelmaria | Comentarios desactivados en Sempre Rosalía!