A escura luz do Tíber

 Este ano os alumnos de latín de 4º da ESO do IES Urbano Lugrís lemos un libro ambientado na época do Imperio Romano titulado A escura luz do Tíber de Lola Gándara. Neste libro pódese ver a vida cotiá dos romanos e tamén se comentan feitos históricos como o gran incendio de Roma e a aparición do cristianismo.

O libro trata da vida dunha rapaza liberta chamada Marcia. A historia sitúase nos anos do Imperio Romano en que Marcia vai vivir a Roma cunha familia moi acomodada e ten como titor a Séneca. Esta familia concédelle unha escrava chamada Tirana, que descobre o misterio dos cristiáns, que se comunicaban entre eles mediante o debuxo dun peixe. Moitos dos cristiáns foron descubertos e asasinados.

A Marcia acontécenlle diferentes historias ao longo do libro, xunto cos seus amigos, familia, etc…Coñece un rapaz moi guapo chamado Fabricio que ao principio é mozo  da súa mellor amiga Claudia pero finalmente acaba casando con ela tras a morte desta no gran incendio de Roma. Esta novela gustounos porque se ve moi ben a vida dunha adolescente na época de Nerón.

Alumnado de Latín 4º ESO

27 de Marzo, Día mundial do teatro

Dende 1961, o 27 de Marzo celébrase o «Día Mundial do Teatro».

O alumnado de 1º e 2º de ESO do noso Instituto preparou neste día e previos, un panel informativo sobre o teatro: Concepto, Orixe, Características en distintos lugares e momentos da historia. Elaboraron tamén preguntas para ser contestadas, nos vindeiros días por outros compañeiros-as, lendo os carteis.

 

VI OLIMPIADA DO SABER

Volve de novo a «OLIMPIADA DO SABER».          

Nota 1: Por cuestións organizativas, cambiáronse estas datas. A fase de concurso será entre o 7 e 11 de Maio, seguindo a mesma orde prevista para as actividades.

Nota 2. A 7 de Maio, o concurso paralizouse ao darse de baixa un dos grupos participantes. De momento non se suspende, por si houbera algún outro grupo interesado en concursar.

23 marzo ao 13 de abril: Prazo de inscrición

  • 3 persoas como máximo por equipo.
  • Os membros dun mesmo equipo poden ser de diferentes clases e cursos.
  • Cada equipo debe ter un nome colectivo.
  • Inscrición de equipos na biblioteca durante os recreos sinalando o nome colectivo, membros e cursos.

17-20 de abril: Fase de concurso.

  • Cada día durante o 2º recreo os equipos responderán a pregunta proposta.
  • Poderase utilizar todo o material da biblioteca, en calquera soporte.
  • As respostas correctas anunciaranse diariamente na biblioteca.
  • Os equipos sumarán 1 punto por cada participante que estea presente ese día e por cada pregunta acertada (Exemplo: 3 participantes, 3 puntos por pregunta; 2 participantes, 2 puntos por pregunta).
  • O día 20 de abril no segundo recreo realizarase o reconto final e proclamarase un equipo gañador. Se é necesario, haberá pregunta(s) de desempate.
  • O premio para os gañadores permanece en secreto. Será una boa sorpresa!.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!

8 de Marzo: Día da «Muller Traballadora»

Para conmemorar esta data, entre outras cousas, o alumnado de 3º da ESO recolleu citas de persoas célebres relacionadas co papel da muller na sociedade. As citas, feitas en cartolinas de cores decoradas, expuxéronse nun taboleiro.

IES Urbano Lugrís. MalpicaO 19 de Marzo,  alumnado e profesorado asistimos ao centro cívico para disfrutar da representación teatral «Entre nós». Esta obra  aborda, de xeito humorístico, a temática da muller traballadora dentro e fóra do fogar. Foi posta en escena por Teatro da Zarambada, baixo a dirección de Antonio Pena Abad, co patrocinio do noso Concello.